Friday 26 de April de 2024

O Concello conclúe as obras de aglomerado do camiño do Vilar, na parroquia de Casadelos


A intervención requeriu dun investimento cercano aos 56.000 euros

O Concello de Neda vén de concluir os traballos de acondicionamento do camiño do Vilar, na parroquia de Casadelos. A intervención comezaba coa limpeza de cunetas e máis instalación dos tubos para a recollida e condución de pluviais; continuaba co aglomerado do camiño no treito que discorre entre o cruce de subida ao monte de Ancos e o cruce de Forxá a San Antonio, e remataba estes días co sinalización horizontal e vertical.

As obras, incluídas no plan municipal de mellora de viais municipais, contaron cun investimento de 55.977,59 euros, que se financian con cargo ao POS+2021 da Deputación provincial da Coruña.